10 diciembre, 2019

Actividades extraescolares

ATENCIÓN

COIDA ONDE BUSCAS CADA COUSA

Fíxate que na primeira sección recollemos as actividades extraescolares que se desenvolven regularmente ao longo do curso ou, alomenos, durante un tempo prolongado (mensual, trimestral,…). As actividades dun só día, como excursións, actuacións, reunións,… pódelas consultar na segunda sección e na páxina “Eventos”.

Actividades anuais ou de varios días de duración…

As actividades anuais comezan este ano o 14 de outubro, ao rematar as festas do San Froilán.

A realización e continuidade das actividades requiren dun número mínimo de alumnos para poder asumir o seu custo. Se non fose posible por baixas de alumnos, suspenderíase a actividade.

XOGANDO CO INGLÉS (actividade anual)
Actividade para que os nosos nenos e nenas melloren o seu inglés dunha maneira lúdica.
– Martes de 4 a 5 da tarde os alumnos/as de infantil (mínimo 4 anos) e 1º e 2º de primaria.
– Martes de 5 a 6 da tarde os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Lugar: Colexio Quiroga Ballesteros.
Data inicio: 15 de outubro.
Prezo: socios 12 €/mes. Non socios 15 €/mes. Págase ao inicio de cada mes.
BAILE TRADICIONAL GALEGO (actividade anual)
Como fixemos o pasado curso, pero comezando xa en outubro.
– Mércores de 5.30 a 6.30 da tarde os alumnos/as de infantil (tódalas idades).
– Mércores de 6.30 a 7.30 da tarde os alumnos/as de primaria.
Lugar: Centro Social Uxío Novoneyra.
Data inicio: 16 de outubro.
Prezo: socios 12 €/mes. Non socios 15 €/mes. Págase ao inicio de cada mes.
ROBÓTICA (actividade anual)
Podedes ver máis información neste enlace: https://www.robotix.es/es/extraescolares-robotica
– Luns de 5 a 6 da tarde: grupo único. Cada alumno/a terá a actividade adaptada á súa idade. Se hai moita demanda, faremos dous grupos.
Lugar: Colexio Quiroga Ballesteros.
Data inicio: 14 de outubro.
Prezo: socios 27 €/mes. Non socios 29 €/mes. Págase ao inicio de cada mes.

 

…e as actividades dun día