15 octubre, 2021

Así foi a Xunta Xeral do día 1-12-2020

O día 1 de decembro celebramos a Xunta Xeral Ordinaria da ANPA. Este ano tan especial tivemos que estrear o sistema de videoconferencia. Esperamos poder facer a próxima de maneira presencial e poder falar de maneira máis cómoda e natural, pero agradecemos moito a participación de quenes vos animastes a conectar.

Na xunta, a Presidenta realizou un repaso das actividades realizadas no pasado curso 2019-2020, algunha delas interrumpida pola pandemia do Covid.

Para este ano, tendo agora as actividades paradas, esperamos poder facer, antes de final de curso, unha actividade familiar, onde nos podamos xuntar para celebrar o final do curso. En función da situación co Covid e as normas ou recomendacións sobre actividades sociais, organizaremos a mellor xuntanza que sexa posible.

Falamos tamén na Xunta, como non, de cartos. Ademáis de aprobar as contas do pasado exercicio, Presidenta e Tesoureiro informaron da subvención que nos foi concedida este ano dende o Concello de Lugo polas actividades do ano 2019. Aínda está pendente de confirmar o visto bó á documentación presentada, pero esperamos cobrala nos próximos meses.

Tamén recibimos unha oferta de participar nunha achega que o grupo do PSdeG no Concello de Lugo quere facer para as ANPAS dos centros educativos públicos do municipio. Confirmamos a nosa participación e estamos á espera de saber o importe da achega. Informaremos cando teñamos máis detalles.

Por último, tendo en conta as especiais circunstancias deste curso, aprobamos na Xunta reducir este exercicio a cuota das familias asociadas a cinco euros por familia. E esperamos poder utilizar estes cartos e outros dos que dispoñamos na actividade de final de curso e celebrar que chegan tempos mellores.

Grazas a todas as familias que formades parte desta ANPA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *