10 diciembre, 2019

8º Concurso de postais de Nadal

FAPACEL, a Federación Provincial de Anpas de Lugo, saca o seu concurso de postais para todas as anpas asociadas, entre as que estamos a ANPA Quiroga Ballesteros.

O día da entrega de premios teremos, ademáis, actuacións musicais.

Deixámosvos agora as BASES DO CONCURSO.

Poderán participar todas as nenas e nenos das ANPAS da provincia de Lugo asociadas a FAPACEL.

O alumnado de infantil e primaria presentarán os traballos NUNHA SOA CARA en formato JPG.

ENTREGA DE TRABALLOS

Enviarase ao correo electrónico da Federación fapacel@gmail.com, engadindo os seguintes datos:

– Un teléfono de contacto.
– Nome da nena ou neno.
– O curso que estuda.
– A ANPA á que pertence.

** Nota do Quiroga Ballesteros: PODEDESNOS ENTREGAR A POSTAL EN PAPEL AOS RESPONSABLES DA ANPA, E NÓS ENCARGÁMONOS DE ESCANEALA E ENVIAR O CORREO COS VOSOS DATOS. PERO DEBEREDES FACELO ANTES DO 30 DE NOVEMBRO.

CATEGORÍAS

a) Infantil.
b) Primaria I (1º a 3º)
c) Primaria II (4º a 6º)
d) Secundaria.

PRAZO DE ENTREGA

Dende o 1 de novembro ata o 9 de decembro

XURADO

Designarao a Xunta Directiva de FAPACEL

ENTREGA DE PREMIOS

Sábado 14 de decembro ás 12 horas no Museo Provincial de Lugo.

As gañadoras ou gañadores de cada categoría recibirán como premio material didáctico e un diploma.

E seus traballos servirán para facer a postal de Nadal 2019 da FAPACEL, que utilizará para felicitar as festas.

Os nenos e nenas asistentes recibirán un agasallo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *