4 diciembre, 2019
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

2º Roteiro pola comarca

20 octubre | 10:40 a 14:00

O próximo domingo 20 de outubro temos o segundo roteiro do curso 2019-2020.

Nesta ocasión visitaremos a comarca da Ulloa, mais concretamente o concello de Palas de Rei. O roteiro levaranos a tempos medievais, xa que percorreremos as inmediacións do castelo de Pambre, un lugar cheo de historia, onde faremos unha ruta de dificultade baixa de 6- 8km.

O roteiro ten duas partes: a primeira é lineal e moi sinxela e acaba nun mirador do castelo. O concello invítanos a visitar o castelo, onde nomearán cabaleiros e princesas/guerreiras aos nen@s segundo o vaian visitando.

Se a meteoroloxía o permite, faremos a parte circular pola contorna do castelo, que é moi bonita.

Á volta ós coches, temos castañas asadas ou leite quente con cacao, por invitación da Asociación Cultural Veciños Ulloa-Sambreixo.

Deixámosvos o enlace á localización en Google Maps do punto de encontro: https://goo.gl/maps/uWTGn17Cjer8yBPf9

A saída no punto de encontro será ás 10:40 horas. (Se vedes no cartel as 10.00 h., refírese a hora de saída dende Lugo).

 

Detalles

Fecha:
20 octubre
Hora:
10:40 a 14:00
Categorías del Evento:
,
Evento etiquetas:
, , , , ,

Organizador

ANPA Quiroga Ballesteros
Email:
anpaquirogaballesteros@gmail.com
Página Web:
anpaquirogaballesteros.org