
- Este evento ha pasado.
3º roteiro pola comarca
17 noviembre | 10:00 a 18:00

O próximo domingo 17 de novembro temos o seguinte ROTEIRO.
Desta volta, camiñaremos polo bosque da Foz das Aceas, á beira do río Sarria, por sendas entre castiñeiros, salgueiros e ameneiros vestidos de outono.
Descubriremos vellos muíños e fermosas presas entre pasarelas de madeira.
Xa pola tarde, faremos unha visita ao MUVICLA, o Museo da Maquinaria Agrícola en Trasliste (Láncara). A visita será ás 16.30 h., polo que as familias que o desexen terán que estar a esa hora na entrada do MUVICLA.
O prezo da visita é de 3,5 euros por persoa e, para os menores de 5 anos, de balde.
Deixámosvos o enlace ao punto de encontro para a saída.
42°46’05.7″N 7°24’44.6″W
A hora de saída aproximada dende este punto de encontro é as 10.30 h.
Boa camiñada!