
- Este evento ha pasado.
FESTA DO SAMAÍN E OBRADOIRO DE ESQUELETOS
29 octubre, 2019 | 18:00 a 20:00
8€ – 10€
O próximo martes 29 de outubro temos unha dobre actividade no cole.
De 6 a 8 da tarde, a nosa Festa do Samaín, no patio traseiro do cole, con música, maquillaxe e sorpresas. O prezo para asistir á festa é de 2 euros por neno/a e págase ese mesmo día na entrada ao cole. Para os socios da ANPA é gratuita.
E quenes queiran, ao mesmo tempo, de 6 a 7 da tarde, teremos un Obradoiro de Esqueletos na aula multiusos do cole. Despois poderán desfrutar da festa no patio. O prezo do obradoiro + festa é de 10 euros, quedando para os socios en 8 euros por neno/a. Neste caso, é necesario inscribirse cubrindo a folla que levaron os nenos para casa ou, se o prefires, cubrindo o seguinte formulario. E o prezo hai que ingresalo na conta bancaria da ANPA: ES05 2085 8313 8503 3021 4347 (Ibercaja, oficina frente ao colexio), poñendo no concepto «SAMAÍN + nome do neno/a».
Animádevos a participar! Tedes ata o martes 22 de outubro para inscribiros no obradoiro.