26 enero, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xunta Xeral Ordinaria 2020

1 diciembre, 2020 | 19:45 a 21:00

Convocamos a todas as asociadas e asociados da ANPA Quiroga Ballesteros á XUNTA XERAL ORDINARIA da Asociación, que se celebrará o vindeiro martes 1 de decembro de 2020 por sistema de videoconferencia, ás 19.45 horas en primeira convocatoria e ás 20.15 horas en segunda convocatoria, co seguinte Orde do Día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da última Xunta Xeral Ordinaria.
  2. Breve memoria de actividades do curso anterior.
  3. Estado de contas.
  4. Propostas para este ano: reducción da cuota de asociados este curso polas excepcionais circunstancias que atravesamos, posibles actividades antes de rematar o curso,…
  5. ELECCIÓN DE NOVA XUNTA DIRECTIVA.
  6. Rogos e preguntas.

Para recibir as instruccións para conectarse ese día e participar na Xunta Xeral Ordinaria, é preciso cubrir o formulario que aparece nesta mesma páxina, un pouco máis abaixo.

Invitamos a participar tamén ás persoas non asociadas á ANPA que poidan ter interés en coñecer a asociación e integrarse nela este curso 2020-2021. Animádevos!

Lugo, a 24 de novembro de 2020

A PRESIDENTA

    FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA A XUNTA XERAL ORDINARIA DA ANPA QUIROGA BALLESTEROS DO 1 DE DECEMBRO DE 2020

    Declaro que os datos aportados neste formulario son certos, que son responsable (nai, pai, titor/a legal) de alomenos unha alumna ou alumno do CEIP Benigno Quiroga Ballesteros de Lugo durante este curso 2020-2021, e que desexo recibir as instruccións para participar na próxima Xunta Xeral Ordinaria da ANPA Quiroga Ballesteros, que se vai celebrar o vindeiro martes 1 de decembro, ás 19.45 horas en primeira convocatoria e ás 20.15 horas en segunda convocatoria.

    AUTORIZACIÓN TRATAMENTO DATOS PERSOAIS. Marque unha das seguintes casillas:

    ANPA QUIROGA BALLESTEROS informalle que, de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos persoais que Vd. proporcionou van ser incluidos en varios ficheiros mixtos, titularidade da ANPA QUIROGA BALLESTEROS, con CIF E27120070, coa finalidade do mantemento da relación de comunicación coas persoas asociadas, así como a organización e funcionamento da ANPA, a promoción, xestión e prestación das diferentes actividades, a información sobre novas, actividades, colaboracións ou promocións de interese para as persoas asociadas. Estes ficheiros atópanse debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos e son tratados de acordo coa lexislación vixente. Vostede consinte o tratamento automatizado ou non dos seus datos, así como a remisión de información a través do mail, sms ou outros medios, relacionada coa actividade e obxectivos da ANPA. Vostede poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos, dirixíndose por escrito á seguinte dirección: ANPA QUIROGA BALLESTEROS, Rúa Bolaño Rivadeneira s/n – 27001 Lugo.

    1. Sí autorizoNon autorizo

     

    Detalles

    Fecha:
    1 diciembre, 2020
    Hora:
    19:45 a 21:00
    Categorías del Evento:
    , ,
    Web:
    anpaquirogaballesteros.org

    Organizador

    ANPA Quiroga Ballesteros
    Correo electrónico:
    anpaquirogaballesteros@gmail.com
    Web:
    anpaquirogaballesteros.org