11 diciembre, 2019
Foto colexio Quiroga Ballesteros

Benvidas, familias!

Comezamos o curso no CEIP Benigno Quiroga Ballesteros de Lugo coa ilusión de cada ano, reencontrándonos os que xa estabamos e facendo novos amigos que chegan cada ano, coa ilusión de que os nosos pequenos disfruten ao tempo que aprenden.

Utilizaremos esta web para publicar información de interés para as familias socias da ANPA e tamén para as que non o sodes, coa esperanza de que vexades que, por que non, uniros a esta familia é bon.

Aínda así, a gran vantaxe do noso colexio é que todos nos coñecemos, e seguiremos a comunicarnos da mellor maneira: en persoa no patio do colexio.

Aproveitamos para anunciaros que o próximo 30 de setembro, ás 8 da tarde, estades todos convidados a participar na xuntanza da nosa asociación. Aínda que só os socios/as teñen voto nos puntos propios da asambleia xeral, queremos que coñezades a asociación e as actividades a desenvolver. Invitámosvos ademáis a uniros á asociación como asociados/as, para o que vos faremos chegar as correspondentes fichas de inscrición.

Animámosvos a participar e, por suposto, a facer cantas suxestións se vos ocorran.

Feliz curso!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *