Abrimos o prazo para darte de alta como socia/o no curso 2019-2020. A cuota é a mesma do ano pasado, 25 euros. A novidade este ano é que podes facer a inscrición dende aqui mesmo, no menú «Asociate» da nosa web ou pinchando neste enlace anpaquirogaballesteros.org/asociate. As instrucións completas están nesa páxina. Se tes algunha dúbida, podes contactar coa ANPA no noso correo anpaquirogaballesteros@gmail.com ou, como sempre, no patio do cole. Se non nos coñeces, pregunta.
Xa temos en marcha tres actividades anuais, Xogando co inglés, Baile tradicional galego e Robótica, nas que, como socia/o, disfrutas dunha bonificación no prezo.
Tamén comezamos xa e seguiremos facendo os «Roteiros pola Comarca» xunto coas ANPAs doutros coles públicos de Lugo e Outeiro de Rei.
Na xuntanza do pasado día 30 falamos doutras actividades que tentaremos facer, como as sempre animadas festas polo Samaín, o Entroido ou o Día das Letras Galegas, e tamén algún obradoiro polo Nadal. Pedíronnos e tentaremos facer algunha actividade relacionada coa reciclaxe e outros temas que conxuguen ben o entretemento e a aprendizaxe dos nosos nenos e nenas.
Teremos seguro algunha actividade máis que estamos preparando con FAPACEL, a Federación de ANPAS da nosa provincia.
E, por suposto, a excursión de fin de curso!
Pero a ANPA non está só para organizar actividades. Recorda que somos un órgano de representación de nais e pais do colexio para axudaros no que precisedes, e que vos representamos tamén no Consello Escolar.
Cantos máis sexamos, máis cousas poderemos acadar.
Anímate e faite socia/o para este curso 2019-2020. E moitas grazas!